
Cultural
Cine, teatro, exposiciones, conciertos
XXIV Encontro de danza da USC (Santiago)
Santiago
12 May 2026
Cuándo
Martes, 12 de Mayo de 2026
20:30
Dónde
Sobre el evento
A 24 edición do Encontro Universitario de Danza (EUD) terá lugar o 12 de maio no Salón Teatro.
O EUD, que organiza a USC desde hai máis de dúas décadas e que se enmarca na
Primavera Cultural
da USC, é unha das actividades máis destacables e visibles do Espazo de Danza da USC promovidas para favorecer o intercambio cultural a través da danza, ademais de para achegar esta disciplina artística ao resto da sociedade.
Espazo de Danza da USC
O Espazo de Danza da USC foi no deu día unha iniciativa pioneira na Universidade española, concibida como xerme dun laboratorio de danza contemporánea que, dúas décadas despois, presenta no seu currículo a produción de 40 montaxes coreográficas e a realización de máis de 300 actuacións e intervencións, con presenza en máis dun centenar de festivais, seminarios, mostras, exposicións e reunións científicas.
A presenza da danza na USC e a inclusión desta disciplina na grella da oferta cultural e artística da institución académica actúa como un atractivo complemento académico e formativo e é unha eficaz embaixadora da USC como institución aberta e creativa.
Fuente:
https://www.usc.gal//gl/servizos/area/cultura/eventos/xxiv-encontro-danza-usc-santiago