
Cultural
Cine, teatro, exposiciones, conciertos
XVIIª Lúas de Outono. Homenaxe Manuel María
A Coruña
23 Sep 2026
Cuándo
Miércoles, 23 de Septiembre de 2026
20:30
Dónde
Sobre el evento
O mércores 23 de setembro, ás 20.30 horas, volveremos celebrar, no Teatro Rosalía Castro da Coruña, unha nova edición, a XVII, de Lúas de Outono, celebración anual en homenaxe de Manuel María.
Este ano contaremos coa presenza do coro de cámara Ludus Tonalis que será o encarregado de presentarnos unha viaxe polifónica polo universo de Manuel María e a súa obra literaria, alén de trazar unha ponte musical entre a palabra do poeta e outras grandes voces da nosa lírica nacional.
A entrada para asistir a Lúas de Outono é gratuíta mais é necesario ter convite. Para facer reserva do convite pódese escribir ao whatsapp 698177621 ou ao correo electrónico contacto@casamuseomanuelmaria.gal
Os convites reservados poderán recollerse o venres día 18 de setembro, de 11 a 13 hrs, e o luns día 21 de setembro, de 11 a 13 hrs e de 17 a 19 hrs no Espazo Cultural Manuel María (rúa do Socorro, 30, baixo. Frente á Cociña Económica). Ou ben diante da billeteira do Teatro Rosalía Castro, o mesmo día 23 de setembro, a partir das 19.30 horas (a reserva deixa de ser efectiva a partir das 20.15 horas do propio día 23 de setembro).
A actividade está organizada pola Fundación Manuel María e colabora o Concello da Coruña e a Deputación da Coruña.