
Cultural
Cine, teatro, exposiciones, conciertos
X Romaxe Artesá da Chaira
Terra Chá
23 May 2026
Cuándo
Sábado, 23 de Mayo de 2026
00:00
Dónde
Sobre el evento
Xa podedes tomar nota que cae en sábado! O do 23 DE MAIO. Abaixo tedes o cartaz coa programación que, como vedes, ocupa todo o dúa dende as 11 da mañá ata ben entrada a noite. Sobre todo BOA ARTESANÍA para todos os gutos e apetencias, obradoiros para cativos e menos cativos, música, postos onde comer… PARA TODOS OS PÚBLICOS.
Quen estará canda nós ademais de xente con ganas de pasalo ben? Os xogos TRADICIONAIS de XOTRAMU, o MAGO ANTÓN que vén a presentar “50” e obradoiros para os cativos que farán unha malva artesanal. Para rematar a mañá con Mekanika Rolling Band que, como eles mesmos din, “non é un concepto de enxeñería mecánica, senón un popular grupo de animación de rúa orixinario de Negreira” cun asombroso escenario rodante autoamplificado, lanzallamas, pirotecnia… mestura explosiva de PowerSKA, rock, ritmos populares e música tradicional galega. Oito músicos (ventos, percusión, baixo, guitarra e teclado) e un enxeñeiro de son para dalo todo na Veiga.
Despois de xantar en calquera dos psotos que nos visian ou dos locais hostaleiros que hai no noso concello, toca un obradoiro para aprender a facer filloas se alguén non sabe. Non hai excusas. Foliada Foliada Popular con Airiños do Eume, Fol do Raxal e Os feroces da Galgueira que chegan de Cervo.
Concerto de Brúa e como peche o concierto á noite de MERCEDES PEÓN, das figuras máis carismáticas e vangardistas da música galega , compositora, vocalista e multiinstrumentista que subirá ao escenario da Romaxe de Muras coa súa xira “Ingrávida”, espectáculo para celebrar o 25° aniversario do seu álbum debut, que combina investigación etnomusicológica coa electrónica, unha viaxe de 70 minutos de tradición e creación colectiva.
ALÍ NOS VEMOS!