Saltar al contenido principal

Cultural

Cine, teatro, exposiciones, conciertos

Cultural

X Mostra de danza latina

Santiago

5 May 2026

Cuándo

Martes, 5 de Mayo de 2026

19:30

Dónde

Colexio de Fonseca

Santiago, A Coruña

Sobre el evento

A Universidade de Santiago de Compostela organiza a X Mostra de danza latina o martes 5 de maio, ás 19.30 h, no Comedor do Colexio de Fonseca (entrada polo Xardín das Pedras que Falan).

A décima edición da Mostra de Danza Latina da USC ensina traballos colectivos, individuais e de parella e contará coa intervención do alumnado dos cursos de Danza Latina na USC da man da sua profesora Camila Gonzalez. Nesta ocasión participarán os grupos de Salsa e Bachata. Os principais obxectivos da actividade son visualizar as actividades do Espazo de Danza Latina da USC e ampliar a axenda cultural da cidade. Juan Carlos Zahera, director do Espazo de Danza da USC, é o encargado de presentar este evento, con asistencia é libre e de balde. Esta actividade está incluída dentro da programación da

Primavera Cultural

.

Bailar é unha actividade moi beneficiosa para o desenvolvemento danzario dos estudantes. Por unha banda, permítelles perder o medo escénico, elevar o seu nivel de autoestima e entrar en contacto coa comunidade desde unha concepción multicultural. Da mesma maneira que contribúe positivamente na súa formación xeral e integral.

Programa

O programa inclúe un bloque de Bachata, cunha clase aberta e curta de iniciación a bachata (pasos básicos), unha práctica guiada tipo social con música e cambios sinxelos, traballo de figuras básicas en parella, baile social libre con dinámicas e retos simples e demostración da coreografía dos alumnos. Inclúe tamén un bloque de Salsa cunha clase curta e aberta de iniciación a salsa (pasos básicos), práctica guiada tipo social con música e baile social libre con rotación de parellas.

Fuente:

https://www.usc.gal//gl/servizos/area/cultura/eventos/mostra-danza-latina

También te puede interesar