Saltar al contenido principal
VIGO - Parladoiro: "POR QUÉ ACOLLER?"
Social
Gratis

VIGO - Parladoiro: "POR QUÉ ACOLLER?"

Charla sobre el acogimiento familiar y su importancia para la protección de la infancia

Vigo

12 Mar 2026

Cuándo

Jueves, 12 de Marzo de 2026

19:00

Dónde

Manaia - Asociación Galega de Adopción e Acollemento

Avenida Areal 138, Vigo

Vigo, Pontevedra

Sobre el evento

Continuamos cunha nova actividade do "PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS E ACOLLEDORAS" en Vigo.

"Por qué acoller?"

O acollemento familiar é unha das mellores medidas de protección á infancia. Nesta actividade falaremos dela, de que aportan ás nenas e nenos e de calquera cousa relacionada con ela na que esteades interesadas. Ademais contaremos coa experiencia dunha familia acolledora.

DATA: 12/03/26

HORA: 19:00 - 21:00

LUGAR: Oficina 11. Areal, 138. Vigo

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.gal ou no 688 927 124.

Lembrade que todos os 2º xoves de cada mes estaremos en Vigo.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Un saúdo

Actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia