
Cultural
Cine, teatro, exposiciones, conciertos
'Tres vellas na romería', con Celso Sanmartín, José Luis Gutiérrez e Quico Cadaval
Santiago
14 Jul 2026
Cuándo
Martes, 14 de Julio de 2026
19:00
Dónde
Sobre el evento
Os contadores Celso Sanmartín, José Luis Gutiérrez e Quico Cadaval son as tres vellas que atan á cabeza os seus máis fermosos panos rameados e saen ao encontro da festa para renderlle homenaxe á nosa tradición oral e musical.
Muiñeiras, xotas e bailes charros volven soar nos torreiros, onde a música, a memoria e a celebración van da man. O seu repertorio percorre o universo das romarías de verán: milagres e romances, ofrendas devotas e historias cheas de humor. Un mundo no que a superstición convive co festeiro escepticismo e onde aínda resoa o dito “Deus é bo, mais o Demo non é malo”.
Tres vellas na romería forma parte da programación do
VIII Congreso Internacional de Dialectoloxía e Sociolingüística
, organizado polo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Projeto Atlas Linguístico do Brasil na Facultade de Filoloxía da USC do 13 ao 16 de xullo. O espectáculo de entrada libre terá lugar o martes 14, ás 19 h, no salón de actos da Facultade e conta co financiamento da Secretaría Xeral da Lingua.
Fuente:
https://www.usc.gal//gl/xornal/eventos/vellas-romeria-celso-sanmartin-jose-luis-gutierrez-quico-cadaval
