
Cultural
Cine, teatro, exposiciones, conciertos
Transparentar - DANZA Enésima
Lugo
13 Nov 2026
Cuándo
Viernes, 13 de Noviembre de 2026
20:30
Dónde
Sobre el evento
Lugar:
Auditorio Municipal Gustavo Freire
Idade recomendada:
A partir dos 14 anos
Sinopse:
Transparentar é o primeiro espectáculo da compañía que nace das Residencias Paraíso 2023 do colectivo RPM de Galicia. En 2024 finalizan a creación da peza grazas ao apoio das Residencias Artísticas e Acción Cultural El Palacio, en Xixón. Como creadoras escénicas da Xeración Z con esta peza tratan de responder a unha pregunta
principal: ¿A Xeración de Cristal é fráxil ou transparente? Mediante a poética corporal reflexionan sobre a ansiedade e o esgotamento dos xóvenes, a adicción ás redes, a brecha xeracional, etc., empregando a ironía e cunha linguaxe desenfadada que conecte con diferentes xeracións para xerar un espazo de diálogo e diversión que
poida axudar ao público a viaxar por diferentes atmósferas dende o artificial ata a introspección e a liberación. Amosando a fraxilidade dunha xeración, dexándose transparentar.
CONDICIÓNS DE VENDA E ACCESO
Venda de entradas:
a través do portal web
entradaslugo.es
e na
Oficina Municipal de Turismo
, ata 3 horas antes do comezo de cada función. Tamén se poderán adquirir no auditorio o propio día do espectáculo, desde 1 hora e media antes do seu comezo.
Entradas con desconto:
as persoas que adquiran entradas con desconto deberán acreditar que cumpren os requisitos correspondentes na porta de acceso.
Acceso á sala:
non se permitirá a entrada unha vez iniciada a función. Tampouco estará permitido acceder á sala con comida ou bebida.
Fotografías e gravacións:
queda prohibida a realización de fotografías e a gravación de son ou imaxe durante o espectáculo, agás para os medios gráficos que conten coa autorización previa correspondente.
Data de posta á venda
13/10/2026 as 16:00h
.
Fuente:
https://entradaslugo.es/evento/transparentar?type=outros