Saltar al contenido principal

Cultural

Cine, teatro, exposiciones, conciertos

Cultural

Tanto Nos Ten

Vigo

23 Jun 2026

Cuándo

Martes, 23 de Junio de 2026

23:00

Dónde

Arcade (Soutomaior)

Vigo, Pontevedra

Sobre el evento

Tanto Nos Ten leva máis de 15 anos formando parte de escena musical galega e presente en moitos dos festivais e programacións da Galiza e Portugal. Os músicos de Tanto Nos Ten utilizan con mestría as voces e os instrumentos tradicionais como as gaitas, o clarinete, o acordeón, o tamboril, o bombo con pratos, a pandeireta ou as cunchas, aos que fan falar coa súa propia e sempre festeira linguaxe. O grupo utiliza no seu repertorio músicas e letras propias que reflicten a nosa implicación coas problemáticas sociais, e do saber popular retranqueiras e de escarnio que, xunto ós pasodobres, muiñeiras, foliadas, rumbas e outros ritmos bailables, conforman o que eles chaman “música tradicional furtiva” e converten nunha auténtica festa cada unha das súas intervencións.

Fuente:

https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=155157

También te puede interesar