Saltar al contenido principal
Sesión 2. Identidades e memoria no capitalismo
Cultural

Sesión 2. Identidades e memoria no capitalismo

Sesión de cine y vídeo sobre identidades y memoria en el capitalismo

A Coruña

11 Mar 2026

Cuándo

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

20:30

Dónde

CGAI – Filmoteca de Galicia

A Coruña, A Coruña

Sobre el evento

1977

(Peque Varela, 2007, 8 min)

Unha pequena cidade, un nó que medra e unha meniña na procura da súa identidade. Animación de autora, unha narración con doses autobiográficas para unha curta realizada como proxecto de graduación para a Universidade de Westminster chea de talento, uso simbólico do son e achados visuais capaz de percorrer medio mundo e visitar festivais como Sundance, Clermont-Ferrand, Indielisboa, Gijón e Bafici.

Gato encerrado

(Peque Varela, 2010, 12 min)

Nun mundo cheo de desigualdades, saír adiante é unha aventura moito máis complicada para os gatos que nacen con sete vidas que para os que chegan ao mundo con nove. A loita de clases –case a modo de clarividente anticipación do Brexit- con sinxeleza, enxeño e espírito combativo, que emprega os gatos como excelente metáfora, e que demostra que a animación tamén ten os adultos como destinatarios.

La memoria interior

(María Ruido, 2002, 32 min)

Este traballo, produto dunha viaxe a Alemaña e dunha investigación persoal de varios anos de duración, aborda o tema da construción da memoria e dos mecanismos de produción da historia.

A través do relato da historia da miña familia, indaga no recordo da recente emigración desde o estado español a Europa, e reflexiona sobre os mecanismos do esquecemento e o recordo, recuperando a idea da construción da memoria como un nexo e un diálogo, e a elaboración a partir da experiencia persoal fronte á idea de historia e de memoria oficial, restrinxida ao institucional e articulada ao redor da desactivación dos suxeitos políticos. Esta película insiste, como algúns outros traballos anteriores, na capacidade de construción da historia por parte de todas e todos, e sobre a necesaria articulación da experiencia persoal e colectiva para a elaboración dunha política da memoria diversa e heteroxénea.

La memoria interior subliña tamén o protagonismo do corpo como territorio de memoria e ausencia, e como axente político: a política migratoria do estado español dos 60 e 70 é tamén unha forma de biopolítica e de control sobre os traballadores, con consecuencias profundamente desestabilizadoras para as subxectividades. Os corpos emigrantes son corpos rexistrados, transeúntes necesarios, fluxo de forza de traballo obrigada ao desprazamento, e ausentes lembrados que retornan anos máis tarde.

Este é un ensaio ao redor da recuperación deses corpos e os seus traballos, e ao redor dos esquecementos desa ausencia a partir dunha experiencia, a miña propia, marcada pola necesidade de lembrar e de relatar esta historia para reivindicar outras formas de narrar lonxe das xerarquías tradicionais. (María Ruido)

Naoko

(Aranxa Vicens, 2021, 11 min)

Damián é un profesional do audiovisual galego que se adentra no seu faiado rebuscando entre os recordos almacenados. Sachiko é unha cociñeira xaponesa que, cunha personalidade moi espontánea, relata a súa infancia. Ambos poñen en común os seus presentes ao nacer Naoko, a súa filla, que supón un punto de reflexión para o que significa ser unha familia de tres ante un futuro incerto.

Mariví, na pel da memoria

(Laura e Coral Piñeiro, 2022, 14 min)

En 1936, Mariví Villaverde tivo que marchar a Francia e deixar a súa vida atrás. O Golpe de Estado do 36 gravou para sempre no seu nome a violencia da ditadura e do exilio, por iso fixo da súa vida unha loita pola memoria da súa familia e de todas as persoas que defenderon a democracia.

Case noventa anos despois, unha rapaza da vila natal de Mariví decide levar o seu espírito á pantalla. Coa esperanza de que ninguén borre da historia colectiva e, coma ela, coa forza das imaxes como arma contra o esquecemento.

Curtametraxe de remontaxe creada para o Departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra no marco da celebración do centenario do aniversario de Mariví Villaverde.

Fuente:

https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=153660

También te puede interesar