Saltar al contenido principal

Cultural

Cine, teatro, exposiciones, conciertos

Cultural

SERÁN CON SABORES E SABERES

Santiago

5 Nov 2026

Cuándo

Jueves, 5 de Noviembre de 2026

18:30

Dónde

Centro Social Polivalente (Brión)

Santiago, A Coruña

Sobre el evento

Convidámoste a pasar un serán coas

Faladeiras de Padrón

, o grupo de mulleres que levou a cabo o proxecto de

"Mulleres Fronte a Emerxencia Climática"

no Concello de Padrón.

As Faladeiras de Padrón, virán a compartir a súa experiencia a través do traballo de recollida que realizaron en torno a saberes tradicionais como as técnicas de cultivo, a conservación dos alimentos, o xénero e os coidados, as formas de partipación na comunidade, etc.

A través deste proxecto, o grupo recupera prácticas e coñecementos que nos amosan que hai moitas maneiras de construír un futuro máis xusto e sostible, e que nos lembran cales son os retos pendentes no coidado do planeta.

Na tarde do 5 de novembro haberá saberes, pero tamén sabores.

Ven a compartir unha merenda con elas, así como moitas experiencias darredor da nosa tradición e dos coidados.

O convite é gratuíto e aberto a toda a veciñanza.

Agradecemos que para facilitar unha boa organización tanto do espazo como da merenda, chamedes previamente para comunicar a vosa asistencia ao 981509910, ou o comuniquedes no correo beatriz.yanez@concellodebrion.gal.

DÍA: Xoves, 5 de novembro

HORA: 18:30h

LUGAR: Centro Social Polivalente de Brión

Dende ese día ata o 19 de novembro quedará colocada unha exposición deste proxecto no C.S.P.

Fuente:

https://www.concellodebrion.gal/index.php/gl/seran-con-sabores-e-saberes

También te puede interesar