Saltar al contenido principal

Cultural

Cine, teatro, exposiciones, conciertos

Cultural

SÁBADO 25 DE ABRIL - "Traballando co vínculo en familias adoptivas▸

Ourense

25 Abr 2026

Cuándo

Sábado, 25 de Abril de 2026

11:30

Dónde

Manaia - Asociación Galega de Adopción e Acollemento

Ourense, Ourense

Sobre el evento

Continuamos cas nosas actividades presenciáis, dentro do "Programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas e acolledoras", con esta estupenda actividade que terá lugar o sábado 25 de abril de 2026 en Ourense co título:

Traballando co vínculo en familias adoptivas e acolledoras

Nestes contextos é fundamental cambiar a mirada: non se trata só de corrixir condutas, senón de entender que hai detrás delas.

Moitas veces, o que vemos como desafío, rabia ou rexeitamento, en realidade pode estar expresando medo, inseguridade ou experiencias de trauma previas. Por iso, a clave non é reaccionar máis forte, senón responder con máis comprensión e regulación.

Ao mesmo tempo, é importante que as familias poidan parar e preguntarse:

• que cousas están sostendo o noso día a día,

• que situacións nos están desgastando,

• e que necesitamos, tanto as crianzas como os adultos , para estar mellor.

Unha idea central é que: Os conflitos non rompen o vínculo; o que o rompe é a falta de reparación.

Por iso, tan importante como poñer límites é:

• facelo con calma e coherencia,

• e saber reparar despois dun conflito.

Finalmente, non podemos esquecer que: Os coidadores tamén necesitan apoio, descanso e sostén. Porque só desde un adulto regulado é posible ofrecer seguridade emocional.

DATA: 25/04/26

HORA: 11:30 - 19:30

LUGAR: Colexio Salesianos, Ourense.

INSCRICÓN OBRIGATORIA AQUI:

https://forms.gle/ByDWbFdPrpGr2A5KA

A cargo de PAULA BLANCO, traballadora social con máis de 15 anos de experiencia en discapacidade, infancia e acollemento familiar. Acompaña persoas e familias dende un enfoque humano, inclusivo e centrado na persoa.

“Acompaño vidas con humanidade e creo camiños de inclusión con respecto e proximidade.”

E ANDRÉS PORTO VILAS, educador social cunha traxectoria de máis de 30 anos. Acompaña persoas dende un enfoque ecolóxico e humano, promovendo relacións saudables, autonomía e procesos de cambio vital.

“Máis de 30 anos acompañando persoas con empatía, creando redes de apoio e abrindo camiños de cambio vital.”

CHARLA: 11:30 a 14:00

XANTAR PICNIC 14:00 a 16:30

Como vén sendo habitual en MANAIA, faremos un Xantar/Picnic onde compartiremos os alimentos que cada quen teña a ben levar (tendes que traer todo: o xantar, a bebida, o menaxe e, se vos apetece, o café).

OBRADOIRO: 16:30 a 19:30

LUDOTECA De 11:30 a 14:00 e de 16:30 a 19:30

Servizo de ludoteca de balde, non esquezades solicitalo a traves do cuestionario de inscrición.

Actividade de balde aberta a todas as familias adoptivas e acolledoras ou en espera de adopción ou acollemento, sexan ou non socias de MANAIA.

𝗘𝗦𝗣𝗘𝗥𝗔́𝗠𝗢𝗦𝗩𝗢𝗦!!!!

Actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia

Máis información en

http://www.manaia.gal/

https://www.facebook.com/adopcionmanaia

  • manaia@manaia.gal - 688 927 124

Lugar: Colexio Salesianos, Praza Don Bosco 1 baixo, 32003 Ourense

https://goo.su/Wc2W7f

También te puede interesar