Saltar al contenido principal
SÁBADO 14 DE MARZO: O QUE NON SE DI, PERO SE SENTE
Cultural

SÁBADO 14 DE MARZO: O QUE NON SE DI, PERO SE SENTE

Explora la identidad y pertenencia en la adopción en este taller.

Vigo

14 Mar 2026

Cuándo

Sábado, 14 de Marzo de 2026

10:30

Dónde

Manaia - Asociación Galega de Adopción e Acollemento

Vigo, Pontevedra

Sobre el evento

Continuamos cas nosas actividades presenciáis, dentro do "Programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas e acolledoras", con esta estupenda actividade que terá lugar o sábado 14 de marzo de 2026 en Vigo co título:

O que non se di, pero se sente: identidade e pertenza na adopción e no acollemento

Os nenos, nenas e adolescentes adoptados e acollidos constrúen a súa identidade a partir dunha historia vital marcada por rupturas, cambios e perdas temperás. Moitas destas vivencias non sempre poden ser nomeadas nin comprendidas de forma consciente, pero deixan unha pegada profunda na maneira de verse a si mesmos, de relacionarse coas demais persoas e de ocupar un lugar no mundo.

Ao longo da infancia e, especialmente, durante a adolescencia, poden aparecer emocións difíciles de expresar que se manifestan a través de condutas de rexeitamento, silencio, ocultación, illamento ou unha necesidade intensa de pertencer. Estas expresións adoitan xerar desconcerto e sufrimento nas familias, que a miúdo senten que “xa fixeron todo o posible” sen lograr comprender plenamente o que está a acontecer.

Esta xornada formativa propón unha mirada profunda e integradora sobre estes procesos, desde unha perspectiva de trauma, apego e desenvolvemento emocional. O obxectivo é axudar ás familias a comprender o que non sempre se di pero se sente, ofrecendo claves para acompañar a construción da identidade dos seus fillos e fillas desde a seguridade, a validación emocional e a pertenza, sen reforzar dinámicas de silencios, esixencias ou malentendidos.

DATA: 14/03/26

HORA: 11:30 - 19:30

LUGAR: VIGO (SEN DETERMINAR)

INSCRICIÓN OBRIGATORIA AQUÍ:

https://forms.gle/K67fHP9qFTZygZ3q9

A cargo de ANA SIEIRO. Psicóloga sanitaria e terapeuta familiar. Experta en intervención familiar. Traballou desde diversos ámbitos relacionados sempre coa infancia e a familia. Comezou como educadora nunha casa de familia na que estivo durante 5 anos. Posteriormente traballou no Programa deIntegración Familiar da Fundación Meniños en Ourense durante 6 anos e desde o ano 2012 dirixe o seu propio centro de psicoloxía da saúde no que traballa tanto con adultos como con infancia e familia. É docente dos cursos que se imparten para familias en espera de adopción.

CHARLA:

11:30 a 14:00

XANTAR PICNIC

14:00 a 16:30

Como vén sendo habitual en MANAIA, faremos un Xantar/Picnic onde compartiremos os alimentos que cada quen teña a ben levar (tendes que traer todo: o xantar, a bebida, o menaxe e, se vos apetece, o café).

OBRADOIRO:

16:30 a 19:30

LUDOTECA

De 11:30 a 14:00 e de 16:30 a 19:30

Servizo de ludoteca de balde, non esquezades solicitalo a traves do cuestionario de inscrición.

Actividade de balde aberta a todas as familias adoptivas e acolledoras ou en espera de adopción ou acollemento, sexan ou non socias de MANAIA.

𝗘𝗦𝗣𝗘𝗥𝗔́𝗠𝗢𝗦𝗩𝗢𝗦!!!!

Un saúdo

Actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia

Máis información en

http://www.manaia.gal/

https://www.facebook.com/adopcionmanaia

  • manaia@manaia.gal - 688 927 124

También te puede interesar