
Cultural
Cine, teatro, exposiciones, conciertos
RFG · NOSTALXIA
Santiago
8 Oct 2026
Cuándo
Jueves, 8 de Octubre de 2026
20:00
Dónde
Sobre el evento
TEMPADA «MEMORIA»
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
César Ramos, director
Coa participación do estudantado da EAEM
PROGRAMA
Heitor Villa-Lobos:
Bachiana brasileira núm. 9
Maurice Ravel:
Le tombeau de Couperin
Darius Milhaud:
Le boeuf sur le toit
Henri Duparc:
Aux Étoiles (Poème nocturne)
Georges Bizet:
Sinfonía en Do
As conexións musicais entre Brasil e Francia trazan o fío deste programa dirixido polo mestre cubano César Ramos, novo director asistente da Real Filharmonía de Galicia. O concerto ábrese coa
Bachiana brasileira núm. 9
de Heitor Villa-Lobos, na que o compositor carioca funde o espírito popular co contrapunto de Bach nunha das sínteses máis orixinais do século XX. Maurice Ravel volveu tamén a mirada cara ao pasado en
Le Tombeau de Couperin,
homenaxe á elegancia do barroco francés escrita baixo a pegada da Gran Guerra. Neses mesmos anos, Darius Milhaud descubría en Río de Janeiro unha fonte de inspiración na música popular:
Le boeuf sur le toit
reúne distintas formas musicais brasileiras nun exuberante rondó cheo de vitalidade. O programa continúa con
Aux Étoiles
, de Duparc, delicado poema sinfónico salvado da destrución á que o compositor condenou boa parte da súa obra. Pecha o concerto a
Sinfonía en Do
de Georges Bizet. Escrita cando o compositor contaba apenas dezasete anos, revela unha madurez sorprendente, especialmente no Andante, marcado polo lirismo do óboe.
Ás 19.15 horas,
Conversando con...
César Ramos na Sala Mozart
Fuente:
https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/nostalxia