
Cultural
Cine, teatro, exposiciones, conciertos
RFG · FENDAS DO SILENCIO
Santiago
30 Abr 2026
Cuándo
Jueves, 30 de Abril de 2026
20:30
Dónde
Sobre el evento
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Vimbayi Kaziboni, director
Noè Rodrigo Gisbert e Adélaïde Ferrière, percusión
PROGRAMA
Cometa:
Encarga a Francisco Domínguez. Estrea absoluta.
Rebecca Saunders:
VOID.
Estrea en España
Francisco Guerrero:
Coma Berenices
Francisco Domínguez abre o concerto coa súa
Cometa
, introducindo un programa que conecta distintos xeitos de entender a creación contemporánea. Coa súa especial lucidez, a londiniense Rebecca Saunders explora o papel da música nunha sociedade en constante conflito, da que quere resaltar a humanidade que nos envolve. Inspirada en
Textos para nada
de Beckett,
VOID
debuxa, a través dunha ampla paleta orquestral, a flutuación entre ruído e son. A morte prematura de Francisco Guerrero, acaecida en 1997 cando tiña 47 anos, deixou en suspenso unha das máis orixinais formas de achegarse á música a partir das matemáticas.
Coma Berenices
está considerada a obra máis importante do compositor xienense; composta un ano antes da súa morte, a peza inspírase literalmente nas proporcións matemáticas existentes nesta constelación situada ao oeste de Leo.
En colaboración co Festival RESIS
Fuente:
https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/rfg-%C2%B7-fendas-do-silencio