Saltar al contenido principal

Cultural

Cine, teatro, exposiciones, conciertos

Cultural

Resurrection

A Coruña

8 Sep 2026

Cuándo

Martes, 8 de Septiembre de 2026

19:30

Dónde

CGAI – Filmoteca de Galicia

A Coruña, A Coruña

Sobre el evento

Nunha sociedade futura na que a humanidade desdeñou a capacidade de soñar a cambio de vivir eternamente, uns poucos individuos con características especiais, coñecidos como ‘delirantes’, insisten en facelo, a pesar de estar perseguido pola lei. Unha dotada detective mergúllase nos soños dun destes resistentes para intentar desentrañar o misterio que os une e traer a estes rebeldes ante a xustiza.

Orixinalísima obra de ciencia-ficción ideada polo director de culto chinés Bi Gan (

Largo viaje hacia la noche

,

Kaili Blues

) ao longo de cinco anos, nos que ergueu un monumental labirinto cinematográfico que ten como ambición reinterpretar diversos xéneros e etapas da historia do cinema, realizando unha reflexión sobre a natureza propia do medio como contedor de memoria e ilusións que supera todo mecanismo de control ideolóxico.

Dividida en cinco capítulos que se interconectan por momentos, cada un deles está dedicado a un sentido específico, de xeito que o dispositivo cinematográfico se conduce a sublimar o tacto, a vista, o oído, o olfacto e o gusto segundo corresponda. Ao tempo, xoga con soportes e formatos, iluminación, cores ou branco e negro, sonoro e silente e diversos elementos expresivos, como os seus famosos planos secuencia, para se adecuar a cada un destes espazos de forte carácter simbólico, metonímico e metalingüístico.

Guste ou non, unha desas obras magnas, totalizadoras, excéntricas e singulares que producen seísmos e xeran culto inmediato.

Fuente:

https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=156587

También te puede interesar