Saltar al contenido principal

Cultural

Cine, teatro, exposiciones, conciertos

Cultural

Rebovina Divas Live

Terra de Lemos

11 Ago 2026

Cuándo

Martes, 11 de Agosto de 2026

22:30

Dónde

Monforte de Lemos

Terra de Lemos, Lugo

Sobre el evento

Visten a escena e sácanlle o po as súas mellores galas para a ocasión.

Flúor, licra e mechas de cores.

Acompañadas dunha iluminación que non ten nada que envexarlle a París, nin a Vigo.

Abren os seus diarios e confesan os seus segredos máis íntimos, rebobinando na historia da infancia cara os momentos máis luminosos. Bailan os éxitos das súas vidas ao ritmo de petaceta co cú sentado nas cadeiras, e potencian a teatralidade, servíndose de novos elementos escenográficos.

Ás músicas e bases electrónicas súmanselle espectaculares coreografías, seguindo cunha liña de letras que non deixan títere con cabeza. As harmonías de voces e guitarra marcan o carácter dun grupo que explota a enerxía xuvenil ata o extremo, invitándovos a desfrutar dunha fantasía vintage.

Fuente:

https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=155661

También te puede interesar