Saltar al contenido principal

Cultural

Cine, teatro, exposiciones, conciertos

Cultural

Proxección do filme 'Vikingland', de Xurxo Chirro

Lugo

15 Abr 2026

Cuándo

Miércoles, 15 de Abril de 2026

19:30

Dónde

Casa Do Saber

Lugo, Lugo

Sobre el evento

O Club Cultural Valle-Inclán proxecta o filme 'Vikingland', de Xurxo Chirro (España, 2011, 99 min) nas Sesións de Filmoteca da

Primavera Cultural

  1. Será o mércores 15 de abril no Salón de Actos da Casa do Saber ás 19.30 horas.

"Un singular filme galego que obtivo recoñecementos en Marsella, Mar del Plata e Xixón, o éxito creativo do ano. Detectando á perfección as tendencias creativas da mellor non ficción contemporánea, Vikingland, “idea e manipulación” a cargo de Xurxo Chirro, provén dun material acumulado alleo, produto das gravacións persoais do mariñeiro Luis Lomba ‘o Haia’, compañeiro de viaxe do pai de Chirro, e realizadas en Dinamarca e Alemaña entre outubro de 1993 e marzo de 1994. Unha inmersión moderna e rotundo cuestionamento do (suposto) retraso estético audiovisual propio, un título pletórico e infestado de humor –ironía-, Chirro presenta unha transposición máis que libre do Moby Dick de Melville –incrusta unha estrutura narrativa dividida en capítulos- que lle permite engarzar coa mellor tradición da remontaxe, procurándolle un novo sentido ás (sorprendentes) imaxes e fundindo con sagacidade diario, epístola, ensaio e apropiacionismo, un fresco discurso sobre a condición da mirada, o efecto de representación e as consecuencias do metarrelato.” FILMOTECA DE GALICIA

Esta actividade desenvólvese segundo o convenio asinado pola Xunta de Galicia e a Federación de Cineclubes de Galicia.

A entrada é de balde para a comunidade universitaria.

Fuente:

https://www.usc.gal//gl/servizos/area/cultura/eventos/proxeccion-filme-vikingland-xurxo-chirro

También te puede interesar