
Cultural
Cine, teatro, exposiciones, conciertos
Proxección do filme 'Los ilusos 13+13', de Jonás Trueba
Lugo
28 Oct 2026
Cuándo
Miércoles, 28 de Octubre de 2026
19:30
Dónde
Sobre el evento
O Club Cultural Valle-Inclán proxecta o filme 'Los ilusos 13+13', de Jonás Trueba (España, 2013-2026, 93 min), nas Sesións de Filmoteca do
Outono Cultural
- Será o mércores 28 de outubro no Salón de Actos da Casa do Saber do campus de Lugo ás 19.30 horas. A entrada é de balde e libre para a comunidade universitaria. Unha vez iniciada a proxección, non se permitirá o acceso á sala.
Esta actividade desenvólvese segundo o convenio asinado pola Xunta de Galicia e a Federación de Cineclubes de Galicia.
Los ilusos 13+13
'Los ilusos 13+13' é unha película sobre o desexo de facer cine, ou sobre o que fan algúns cineastas cando non fan cine; sobre perder o tempo e o tempo perdido; sobre conversacións, borracheiras, comidas e rutinas; sobre os paseos ao saír do cine; sobre estar namorado; sobre estar só e estar con amigos, construíndo futuros recordos para unha película futura.
Nova versión da película de Jonás Trueba de 2013, que viu nacer a súa produtora xunto a Javier Lafuente e a partir da cal establecerían unha filosofía de traballo que perdura ata o día de hoxe. Un conxunto de actores e equipo técnico que se manteñen fieis ao espírito dos ilusos película tras película e que conciben a creación como un acto colaborativo. Por condicións precarias na posprodución, a versión de 2013 quedou sen cor. Agora se puido volver a el partindo do negativo orixinal e o que se presenta é un filme máis fiel ás intencións orixinais de Trueba. FILMOTECA DE GALICIA.
Fuente:
https://www.usc.gal//gl/servizos/area/cultura/eventos/proxeccion-filme-ilusos-1313-jonas-trueba
