

Proxección do filme 'Le cercle rouge'
Disfruta de una película clásica del cine francés
Santiago
4 Mar 2026
Cuándo
Miércoles, 4 de Marzo de 2026
18:00
Dónde
Sobre el evento
O Ciclo de Cine Filosófico continua o mércores 4 ás 18:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía coa proxección do filme
Le cercle rouge
[
O círculo vermello
] (1970), de Jean-Pierre Melville (VOSE).
Le cercle rouge
é moito máis co cumio do polar francés: é unha parábola rigorosa sobre o destino, a liberdade e a ambigüidade moral. Homes que non se coñecen crúzanse por azar —ou por unha necesidade que os precede— e fican inscritos nun círculo invisible que semella trazado antes das súas decisións. O atraco perfecto non é só unha empresa criminal, senón unha forma de destino compartido. Aquí, policía e delincuente reflíctense coma duplicados: a lei e o crime comparten disciplina interior e suxeición a un código. A fronteira entre xustiza e ilegalidade esvaécese.
Latexa nos personaxes un pouso existencialista que evoca a Sartre: seres arroxados á situación, obrigados a elixir sen garantías últimas. Mais se para Sartre a liberdade funda o sentido, en Jean-Pierre Melville a liberdade aparece cercada por unha fatalidade muda. O silencio, a economía de xestos e a dilatación do tempo converten a acción nunha experiencia case metafísica. Os personaxes principais, o comisario e os delincuentes, están illados na súa soidade máis hermética, no silencio das súas máis escuras motivacións, se é posíbel dicir que en realidade teñen unha vontade propia. Nada se explica de todo; ningún discurso moral clausura o acontecemento.
O espectador fica, así, perante un enigma ético que non se resolve, senón que se consuma. O círculo vermello non simboliza tanto a necesidade dun destino específico como a propia condición tráxica de existir. Un filme onde o destino non absolve nin condena: simplemente acontece. Na pantalla, tres actores fabulosos: Alain Delon, Yves Montand e Gian Maria Volonté. Espléndida, a fotografía de Henri Decaë. E que dicir da longa escena da xoiería da praza Vendôme? Simplemente, o atraco mellor filmado da historia do cinema.
Esta é unha actividade do proxecto ‘Cultura en Mazarelos’ da Facultade de Filosofía, a cal conta cun recoñecemento de dous créditos ECTS para todo o alumnado da nosa universidade. Entrada de balde ata completar capacidade da sala.
Fuente:
https://www.usc.gal//gl/xornal/eventos/proxeccion-filme-cercle-rouge