Saltar al contenido principal

Cultural

Cine, teatro, exposiciones, conciertos

Cultural

Proxección do filme 'Dúas mulleres', de Vittorio de Sica

Lugo

21 Oct 2026

Cuándo

Miércoles, 21 de Octubre de 2026

19:30

Dónde

Casa Do Saber

Lugo, Lugo

Sobre el evento

O Club Cultural Valle-Inclán proxecta o filme 'Dúas mulleres', de Vittorio de Sica (Italia, 1960, 100 min, VOSE), nas Sesións de Filmoteca do

Outono Cultural

  1. Será o mércores 21 de outubro no Salón de Actos da Casa do Saber do campus de Lugo ás 19.30 horas. A entrada é de balde e libre para a comunidade universitaria. Unha vez iniciada a proxección, non se permitirá o acceso á sala.

Esta actividade desenvólvese segundo o convenio asinado pola Xunta de Galicia e a Federación de Cineclubes de Galicia.

Dúas mulleres

Unha muller viúva escapa de Roma durante a Segunda Guerra Mundial para refuxiarse xunto á súa filla adolescente no seu pobo natal entre as montañas. Alí todo parece estar en paz, aínda que quizais non por moito tempo. De Sica abandona o neorrealismo que o caracterizara durante os anos corenta e cincuenta para compoñer un fresco a grande escala da Italia rural durante a guerra, con grandes recursos e no que figuran Sophia Loren e Jean-Paul Belmondo como protagonistas. Esta adaptación de Alberto Moravia fíxolle gañar a Loren en Cannes e nos Oscar os galardóns de mellor intérprete feminina. FILMOTECA DE GALICIA.

Fuente:

https://www.usc.gal//gl/servizos/area/cultura/eventos/proxeccion-filme-duas-mulleres-vittorio-sica

También te puede interesar