
Cultural
Cine, teatro, exposiciones, conciertos
Proxección do filme 'Banda sonora para un golpe de estado', de Johan Grimonprez
Lugo
10 Jun 2026
Cuándo
Miércoles, 10 de Junio de 2026
19:30
Dónde
Sobre el evento
O Club Cultural Valle-Inclán proxecta o filme 'Banda sonora para un golpe de estado', de Johan Grimonprez (Bélgica, Francia, Holanda, 2024, 150 mns, VOSE) nas Sesións de Filmoteca da
Primavera Cultural
- Será o mércores 10 de xuño no Salón de Actos da Casa do Saber ás 19.30 horas.
"Partindo da influencia dos músicos afroamericanos de jazz como embaixadores culturais dos Estados Unidos nos anos cincuenta e sesenta en África e Asia, Grimonprez monta a ritmo de hard bop unha intricada trama sobre os movementos de descolonización. Centra a súa atención no Congo como territorio de enfrontamento na Guerra Fría, o que derivou no asasinato do seu primeiro presidente como país libre, Patrice Lumumba, e sentou as bases do imperialismo moderno poscolonial. Con diversas filmacións de arquivo editadas con rigor histórico e elaboradas digresións, a fita innova nos grafismos en pantalla, evocadores dos do selo Blue Note e cunha función estética e narrativa alén do simple traslado de información. Un documental tan complexo como ben estruturado, comprometido sen resultar aleccionador.” FILMOTECA DE GALICIA
Esta actividade desenvólvese segundo o convenio asinado pola Xunta de Galicia e a Federación de Cineclubes de Galicia.
A entrada é de balde para a comunidade universitaria.
Fuente:
https://www.usc.gal//gl/servizos/area/cultura/eventos/proxeccion-filme-banda-sonora-golpe-johan-grimonprez