
Cultural
Cine, teatro, exposiciones, conciertos
Proxección do filme 'As amargas lágrimas de Petra von Kant', de Rainer Werner Fassbinder
Lugo
20 May 2026
Cuándo
Miércoles, 20 de Mayo de 2026
19:30
Dónde
Sobre el evento
O Club Cultural Valle-Inclán proxecta o filme 'As amargas lágrimas de Petra von Kant', de Rainer Werner Fassbinder (RFA, 1972, 124 min, VOSE) nas Sesións de Filmoteca da
Primavera Cultural
- Será o mércores 20 de maio no Salón de Actos da Casa do Saber ás 19.30 horas.
"Petra Von Kant é unha cotizada deseñadora de moda que vén de separarse. Nun asfixiante apartamento-estudio, rexe con man caprichosa a vida de quen a rodea, especialmente a súa secretaria, Marlene, muda, submisa e eficiente. Petra namora dunha moza proletaria, Karine, pero non é correspondida. O hiperactivo e lúcido Rainer Werner Fassbinder (1945-1982) amosa de modo maxistral a complexidade dos afectos nun conto de amor, posesión e celos que bebe do seu querido Douglas Sirk.” FILMOTECA DE GALICIA
O filme obtivo os Premios do cine Alemán 1973 á mellor película, mellor actriz (Margit Carstensen), mellor actriz secundaria (Eva Mattes) e mellor fotografía.
Esta actividade desenvólvese segundo o convenio asinado pola Xunta de Galicia e a Federación de Cineclubes de Galicia.
A entrada é de balde para a comunidade universitaria.
Fuente:
https://www.usc.gal//gl/servizos/area/cultura/eventos/proxeccion-filme-amargas-lagrimas-petra-von-kant-rainer-werner-fassbinder