Saltar al contenido principal

Cultural

Cine, teatro, exposiciones, conciertos

Cultural

Programa 1 | Homo e-sapiens

A Coruña

5 May 2026

Cuándo

Martes, 5 de Mayo de 2026

18:00

Dónde

CGAI – Filmoteca de Galicia

A Coruña, A Coruña

Sobre el evento

Mass Ornament

Natalie Bookchin, Estados Unidos, 2009

7 min, DCP, sen diálogo

Space Down

Dominic Gagnon, Canadá, 2024

78 min, DCP, inglés, VOSE

Natalie Bookchin, artista e teórica especializada en medios dixitais, axunta o arquivo audiovisual fragmentado na Internet a partir dunha análise crítica da sociedade. A través dunha masiva remontaxe,

Mass Ornament

coordina bailes solitarios no cuarto e coreografías miméticas de masas expoñendo as contradicións entre a liberdade individual e o control social.

O artista e realizador quebequés Dominic Gagnon indagou profundamente en retratos internautas, realizando ata sete longametraxes. A partir do que denomina «direct cinema a distancia» observou a sociedade occidental —

RIP in pieces, America

, 2009—, desprazouse cara ao Ártico —

Of the North

, 2015—, o sur —

Going South

, 2018— e oriente —

Big in China

, 2020—. Navegados os catro puntos cardinais, faltaba sucar cara ao fondo da Terra e saír proxectado cara ao espazo. Space Down é unha ensamblaxe de expresións de seres humanos en estados de illamento e ansiedade mentres outros coetáneos gravitan polo ceo, perspectivas inverosímiles que interrogan cal é o lugar do ser humano no universo.

Fuente:

https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=154438

También te puede interesar