Saltar al contenido principal

Cultural

Cine, teatro, exposiciones, conciertos

Cultural

Peza do mes: Neno sentado, de Antonio Faílde

Ourense

1 Sep 2027

Cuándo

Miércoles, 1 de Septiembre de 2027

10:00

Dónde

Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

Ourense, Ourense

Sobre el evento

A presentación pública terá lugar o mércores 9 de setembro ás 20:00 h, na sala de exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre, a cargo de Ángel Domínguez López.

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos (neste caso, do fondo artístico) para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

A figura escollida é o Neno sentado, de Antonio Faílde. De barro cocido, mide 30x22x30,5 cm.

Antonio Faílde Gago (Ourense, 1907-1979) foi un artista afincado na súa cidade natal, cunha traxectoria que seguiu enraizada na tradición galega de carácter popular. Aínda así, sen estar plenamente integrado no grupo de Os Novos, realiza unha escultura que responde os postulados definidos polos renovadores, xa que as súas obras parten das influencias da tradición do románico galego para representar en granito, madeira ou barro, toda unha serie de tipos humanos de inspiración popular como nenos, mulleres, maternidades e deusas primitivas, como é o caso da peza protagonista. Esta figura sentada de terracota, conserva unha modelaxe e unha composición moi similares a outras moitas que labra en pedra.

A publicación virtual sobre esta peza está dispoñible

nesta ligazón do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

, onde se pode afondar nas características e na obra de Faílde, nun estudio a cargo, neste caso, de Ángel Domínguez López.

Fuente:

https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=156685

También te puede interesar