Saltar al contenido principal
Os fabulosos CLEANERS
Cultural

Os fabulosos CLEANERS

Un espectáculo de pompas de jabón para disfrutar en familia

Vigo

12 Abr 2026

Cuándo

Domingo, 12 de Abril de 2026

18:00

Dónde

Auditorio Multiusos da Xunqueira (Redondela)

Vigo, Pontevedra

Sobre el evento

OS FABULOSOS CLEANERS é un espectáculo de pompas de xabón para todos os públicos. Unha extraordinaria experiencia visual para participar toda a familia.

O creador alacantino Luis Beviá, que percorreu medio mundo co seu universo xabonoso (Londres, Hong-Kong, México, Colombia, Perú, Cuba, Grecia ou Islandia entre outros) dirixe a parte técnica deste sorprendente espectáculo de Malasombra.

Sinopse:

Dous operarios da limpeza do teatro, descobren por casualidade as múltiples posibilidades que lles ofrecen as súas ferramentas de traballo combinadas con auga e xabón. A partir de aí, os personaxes emprenderán unha excitante viaxe conducidos polas fantásticas pompas e burbullas.

O público sorprenderase e gozará con estas máxicas burbullas; pompas transparentes, con fume, con vapor, pequenas, grandes, estáticas ou voando polo escenario. O espectador camiñará da man destes personaxes por un mundo máxico, cheo de cor e de moito, moito humor, e verase sorprendido dentro dun patio de butacas repleto de miles de pompas de xabón.

OS FABULOSOS CLEANERS é un espectáculo para todas as idades, creado por Luis Beviá e Xoque Carbajal, con dirección de Marcos Orsi e Xoque Carbajal e interpretado por Xoque acompañado de Jouse García.

Fuente:

https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=152906

También te puede interesar