
Cultural
Cine, teatro, exposiciones, conciertos
Odiseicas, as que tecen a historia
Terra Chá
20 May 2026
Cuándo
Miércoles, 20 de Mayo de 2026
11:00
Dónde
Sobre el evento
Odiseicas é un espectáculo de narración oral escénica inspirado na obra e no pensamento de Begoña Caamaño, a autora á que se lle dedica as Letras Galegas 2026, ao través da narración de Soledad Felloza.
A través de historias adaptadas segundo o público, Morganas, Circes, Penélopes e outras mulleres toman a palabra para contar a súa versión da historia.
Personaxes tradicionalmente relegadas aos marxes dos relatos canónicos ocupan aquí o centro da narración. Así, o espectáculo propón unha revisión crítica do imaxinario clásico, ofrecendo referentes diversos e igualitarios sen renunciar á potencia poética do mito.
Concibido para espazos teatrais, o formato baséase na presenza da narradora, na palabra dita e na construción dun espazo simbólico a través da voz e do corpo. Os fíos aparecen como metáfora central: se na tradición foron símbolo de espera, aquí transfórmanse en camiños, pontes e ás.
Haberá dúas quendas, adaptadas á idade e á capacidade de escoita da asistencia:
-
Ás 11:00 h para alumnado de Educación Primaria (duración aproximada 50 minutos)
-
Ás 12:00 h para alumnado de Educación Infantil (duración aproximada 45 minutos)
Esta é unha actividade en colaboración coa Microrrede de bibliotecas escolares.
A reserva previa pódese facer no teléfono 982 870 160
Fuente:
https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=154227