Saltar al contenido principal

Cultural

Cine, teatro, exposiciones, conciertos

Cultural

Obradoiro "Crea+"

Lugo

24 Nov 2026

Cuándo

Martes, 24 de Noviembre de 2026

16:30

Dónde

O Vello Cárcere

Lugo, Lugo

Sobre el evento

Este obradoiro ofrece ás persoas maiores un espazo para crear, experimentar e compartir a través das manualidades e da creación plástica. Ao longo das sesións traballaranse diferentes técnicas e propostas, como o collage, a pintura ou a creación de pequenos obxectos, combinándoas con temáticas diversas relacionadas coa cultura, a natureza, as tradicións, as celebracións e o día a día.

Cada sesión parte dunha proposta diferente, adaptada aos distintos ritmos e intereses das persoas participantes, favorecendo a experimentación e o goce do proceso creativo. Recortar, pegar, pintar ou modelar axudan a exercitar a motricidade fina e a coordinación oculomanual. Ao mesmo tempo, seguir os pasos de cada proposta, planificar o traballo e evocar recordos ligados ás temáticas tratadas estimulan a memoria e a atención. Deste xeito, o obradoiro contribúe a fomentar a creatividade e a expresión persoal, ao tempo que ofrece un espazo de encontro, participación e intercambio de experiencias.

Público

: Adulto +60

Aforo:

Ata completar o aforo (máx. 10)

Inscricións:

Ata ás 19:00 do día anterior á actividade →

vellocarcere@lugo.gal

(Nome e apelidos do/a participante, teléfono de contacto)

Máis información:

vellocarcere@lugo.gal

| 982 297 195

Fuente:

https://ovellocarceredelugo.gal/mc-events/obradoiro-crea/?mc_id=2414

También te puede interesar