Saltar al contenido principal

Cultural

Cine, teatro, exposiciones, conciertos

Cultural

O que non estaba escrito

A Mariña Oriental

2 Ago 2026

Cuándo

Domingo, 2 de Agosto de 2026

20:30

Dónde

Barreiros

A Mariña Oriental, Lugo

Sobre el evento

Carmen Conde leva 20 anos recollendo, escribindo e contando historias. Percorrendo toda a xeografía galega e conversando no camiño con centos de persoas que lle legaron xenerosamente anacos marabillosos das súas vidas.

O que non estaba escrito

ten este título porque os relatos que Carmen conta non estaban escritos (certo!), máis tamén polo extraoficiais e polo especiais que son!

Inspirados en todo canto apañou da oralidade, ficcionados pola propia Carmen nunha mistura indistinguible entre realidade e imaxinación e devoltos á voz falada, a través das narracións desta sesión para público adulto. Unha escolma na que ata a vida máis anónima roza o improbable e a maior normalidade choca co delirio. Unha sesión onde Carmen falará de curas que se namoran, faixas de millóns en casas de pobres, bebés nacidos de hortas, mulleres evanxelizadoras do pracer ou o primeiro explorador de buratos negros, entre outros…Cada contada incluirá un repertorio distinto, perfectamente escollido en modo aleatorio para a ocasión.

Fuente:

https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=155637

También te puede interesar