Saltar al contenido principal

Cultural

Cine, teatro, exposiciones, conciertos

Cultural

O meu pai naceu o mesmo ano que Mick Jagger - Tarabela Creativa

Lugo

22 Oct 2026

Cuándo

Jueves, 22 de Octubre de 2026

20:30

Dónde

Auditorio Municipal Gustavo Freire

Lugo, Lugo

Sobre el evento

Lugar:

Auditorio Municipal Gustavo Freire

Idade recomendada:

A partir dos 16 anos

Sinopse:

O pai de Carmen Conde foi durante décadas especialista en dactiloscopia da Policía Xudicial. Un home que resolveu delitos e crimes descifrando a palma da man de quen os levaba a cabo. Como unha especie de nigromante, pero guiado pola ciencia. Como resultado, centos de atestados que dan conta da cartografía delictiva dunha Galicia delirante. Nesta comedia marxista (si, marxista), destápase un entramado con bombas, carteiristas, estafadores, ladróns, leite tóxico de Chernóbil e os capos hippies da marihuana que unen forzas e tamén se obstaculizan mutuamente para cobrar unha herdanza millonaria que ten unhas condicións moi peculiares para ser recibida.

Todo mentres se fai unha comparativa imposible entre as dúas biografías que dan título á obra: a do pai de Carmen e a de Mick Jagger. Nunha dualidade na que ademais de ver as distintas “intelixencias” da Garda Civil, tamén seguiremos a liña de pensamento das mentes delicuentes.

E todo (TODO) baseado en feitos reais. Cunha escenografía polivalente que mistura o escenario de rock e o camarín de súper estrela, co laboratorio de revelado de fotografía e de estudo de impresións dixitais, así como a máquina de escribir os atestados. Ademais dunha banda sonora que se rende ás evidencias: The Rolling Stones.

Unha historia contada co ritmo frenético de “Snatch, cerdos y diamantes". Porque xulgar aun delincuente semella moi fácil ata que a vida nos coloca exactamente na súa posición.

CONDICIÓNS

Adquisición de entradas

a través do portal web

entradaslugo.es e

na

Oficina de Turismo

ata 3 horas antes do comezo de cada función; e n

o auditorio

, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

As persoas que adquiran

entrada

con desconto deberán acreditarse na porta de acceso

.

Non se permitirá o acceso á sala unha vez comenzada a función, nin con comida e bebida

.

Prohíbese a toma de fotografias e gravación do espectaculo

, tanto no que se refire a son como imaxe, a escepción dos medios gráficos previamnete autorizados.

Data de posta á venda

13/10/2026 as 16:00h

.

Fuente:

https://entradaslugo.es/evento/o-meu-pai-naceu-o-mesmo-ano-que-mick-jagger?type=teatro

También te puede interesar