
Cultural
Cine, teatro, exposiciones, conciertos
Ñiqui Ñaque
Allariz - Maceda
10 Jul 2026
Cuándo
Viernes, 10 de Julio de 2026
20:30
Dónde
Sobre el evento
Cosme e Damián, dous cómicos ambulantes a punto de disolver a súa compañía, reciben unha chamada do Gran Duque coa oferta de realizar un espectáculo para celebrar o seu vixésimo aniversario de casados. Ante a grande oferta económica, os cómicos comezan a ensaiar unha peculiar versión de Romeo e Xulieta. Todo isto mentres continúan a súa viaxe nun motocarro avariado. No seu camiño sairán os seus conflitos internos e reflexións existencialistas, amparadas na precariedade dos cómicos da legua.
Ñiquiñaque é un espectáculo de teatro de rúa cunha nova posta en escena do texto de Cándido Pazó, no que o teatro pasa a converterse nunha metáfora de moitas vidas precarias e á deriva, sen rumbo fixo ante un futuro incerto. Esta proposta charangueira e bravú, entrelaza de forma fluída técnicas de clown, máscara e acrobacia nunha declaración de amor ás artes escénicas.
Ficha artística
Texto orixinal: Cándido Pazó
Dirección e dramaturxia: Roberto Vázquez
Elenco: Ángel Blanco e Dani Lago
Escenografía: Espectáculos Valente
Vestiario: Espectáculos Valente
Espazo sonoro: Espectáculos Valente
Fuente:
https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=155820
