
Cultural
Cine, teatro, exposiciones, conciertos
Microaberto (artista convidada: High Paw)+Obradoiro de improvisación e música hip hop▸
Santiago
24 Nov 2026
Cuándo
Martes, 24 de Noviembre de 2026
20:00
Dónde
Sobre el evento
A primeira sesión de Microaberto deste curso, unha actividade incluída dentro da programación do
Outono Cultural
, será o martes 24 de novembro ás 20.00 horas na cafetaría da Facultade de Administración e Dirección de Empresas.
Nesta ocasión, High Paw será a artista convidada. Para participar no microaberto cunha canción, un monólogo, un poema, un conto etc, podes enviar a túa proposta
nesta ligazón
do 2 ao 22 de novembro. Para ter máis información para actuar ou utilizar o micro aberto, tes que escribir a cultura.lugo [at] usc.gal (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]gal).
Como actividade complementaria ao microaberto podes asistir ao
Obradoiro de improvisación e música hip hop impartido por High Paw: Improvisando pola vida. Ferramentas de resposta,
que terá lugar de 17.00 a 19.30 h no Seminario 1 da Facultade de Administración e Dirección de Empresas e que require previa inscrición a través
desta ligazón
do 2 ao 22 de novembro.
Esta actividade enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural que desenvolven a Universidade de Santiago de Compostela, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.
Fuente:
https://www.usc.gal//gl/servizos/area/cultura/eventos/microaberto-artista-convidada-high-pawobradoiro-improvisacion-musica-hip-hop-impartido-high-paw