Saltar al contenido principal

Cultural

Cine, teatro, exposiciones, conciertos

Cultural

Marcho que teño que marchar

A Mariña Oriental

12 Jul 2026

Cuándo

Domingo, 12 de Julio de 2026

20:30

Dónde

Barreiros

A Mariña Oriental, Lugo

Sobre el evento

Marcho que teño que marchar

é unha divertida sesión de contos e tamén un espazo para a reflexión sobre os roles e as desigualdade de xénero. É un cesto trenzado con historias protagonizados por mulleres que eran feministas sen sabelo: desde meigas artúricas ata avoas misteriosa. Nun escenario convertido na casa familiar, Bea Campos relata secretos sobre a súa familia mentres cociña, bebe e traballa entre cancións, coplas e conxuros.

"Na miña casa está moi mal visto andar falando do que sucede na familia. Pero que facer se diante túa acontecen cousas incribles? Se che contan historias e lendas misteriosas das que non se pode falar en alto… Pois segundo o meu punto de vista tiña dúas opcións, calar para sempre ou artellar un divertido e teatral espectáculo de narración oral. Iso si, tédesme que gardar o segredo xa que todo o contado sucedeu de verdade!"

Fuente:

https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=155342

También te puede interesar