Saltar al contenido principal

Cultural

Cine, teatro, exposiciones, conciertos

Cultural

Mago Teto: O Camiño do Afiador

A Coruña

30 Jul 2026

Cuándo

Jueves, 30 de Julio de 2026

18:00

Dónde

Carral

A Coruña, A Coruña

Sobre el evento

Un espectáculo que xira ao redor dunha roda de afiar dos anos trinta, herdada polo Mago Teto dos seus ancestros. O afiador, un oficio que tivo o seu apoxeo nos séculos XVIII e XIX (e practicamente extinguido no século XX) desprazábase centos ou milleiros de quilómetros por uns meses, mesmo anos, coa única compaña da súa roda. Miles de historias e aventuras doutros tempos chegan á escena coa axuda do ilusionismo. Para os efectos de maxia deste espectáculo empréganse elementos típicos dos afiadores como poden ser coitelos, tesoiras, navallas e paraugas.

Esta última versión vai acompañada dun pasarrúas no que o ilusionista fai xogos de maxia de cerca aos viandantes. O espectáculo adáptase moi ben para feiras e eventos en exterior, xa que todo vai auto-contido na "tarazana" (nome que recibe a roda en barallete, dialecto dos afiadores) que porta o ilusionista.

Fuente:

https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=155420

También te puede interesar