
Cultural
Cine, teatro, exposiciones, conciertos
La Voz Open de Warhammer 40k 2026, terceira edición
N/D
29 Ago 2026
Cuándo
Sábado, 29 de Agosto de 2026
Dónde
Sobre el evento
Os vindeiros
29 e 30 de agosto
, o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo acollerá a terceira edición de La Voz Open, un dos torneos de xogos de estratexia e miniaturas máis relevantes do circuíto actual. O evento está organizado pola empresa lucense
Bandua Wargames
xunto ao podcast especializado
La Voz de Horus
, e conta co apoio da Deputación de Lugo mediante unha achega económica de 5.000 euros.
Esta edición ocupará unha superficie de máis de
3.600 metros cadrados
das nosas instalacións, igualando o espazo empregado en grandes eventos recentes como o campionato internacional de billar. O encontro ten unha marcada capacidade de atracción turística, xa que máis do 80% das persoas asistentes proveñen de fóra da provincia de Lugo. A nivel organizativo, este torneo sitúa á cidade á altura doutras sedes do sector como París, Portland ou Nova Jersey.
La Voz Open forma parte do circuíto oficial
Iberian Open 2026
. Este ano, o torneo outorgará un total de oito prazas clasificatorias directas para o Mundial, sendo a cita estatal que máis pases reparte nesta disciplina.
Entre os galardóns principais, poñeranse en xogo tres
Golden Tickets
:
O evento está deseñado tanto para xogadores habituais de Warhammer 40k como para o público xeral interesado en coñecer de preto o modelismo e o desenvolvemento destas partidas de estratexia.
Tódalas persoas participantes recibirán un
Welcome Pack
con agasallos garantidos por parte da organización. Ademais, as primeiras inscricións formalizadas contarán con sorpresas adicionais.
Para obter máis información, pódese acceder á
páxina oficial de Bandua Wargames
.
Fuente:
https://pfclugo.com/event/la-voz-open-warhammer-40k-2026/