
Cultural
Cine, teatro, exposiciones, conciertos
Hamelin
Allariz - Maceda
4 Jul 2026
Cuándo
Sábado, 4 de Julio de 2026
20:30
Dónde
Sobre el evento
Todos e todas coñecemos a popular historia que aconteceu hai moito tempo na vila alemá de Hamelin, na que un frautista secuestrou os nenos e nenas da vila en castigo por un engano. Segundo nos contaron sempre, os rapaces e rapazas da vila seguiron o músico hipnotizados/as polo doce son da súa frauta. Así foi como sempre nola contaron, pero... Todos os nenos e nenas foron detrás do frautista? Non. Unha nena non sucumbiu ante a música e logrou salvar as crianzas da vila. Que facía tan especial a esta nena? Que era xorda.
Fran Rei presenta o seu novo espectáculo unipersoal
A verdadeira historia de Hamelin
, en colaboración con Avelino González e dirixido a nenos e nenas a partir de 3 anos e ás súas familias. Nesta montaxe, Fran Rei mestura narración oral, maxia, un chisco de música, unhas faíscas de lingua de signos e moito humor na súa particular revisión da popular lenda alemá do frautista de Hamelin.
Fuente:
https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=155264
