
Cultural
Cine, teatro, exposiciones, conciertos
Galeguia: I Encontro artístico de canto de mulleres
N/D
13 Nov 2026
Cuándo
Viernes, 13 de Noviembre de 2026
Dónde
Sobre el evento
Baixo o nome de 'Galeguia', unha actividade incluída no
Outono Cultural da USC
, vai ter lugar o I Encontro artístico de canto de mulleres procedentes de Galicia, Portugal, Cabo Verde e Brasil. Será os días 13 de novembro, no Pazo de San Marcos de Lugo, 14 de novembro no Auditorio da Facultade de Veterinaria, e 15 de novembro no Salón de Actos da Casa do Saber.
Galeguia é unha proposta de intercambio artístico-cultural entre comunidades de mulleres a través do canto popular colectivo e comunitario coa participación de profesionais da música tradicional dos catro países, que está promovida pola portuguesa Vânia Couto e a galega Neves Núñez, coa colaboración do Coro das Mulleres da Fábrica de Coimbra, da Ugía Pedreira con Erikas e Peluxias, desde Galicia, e das Batuko Tabanka, grupo Caboverdiano asentado en Burela. A produción corre a cargo da empresa Nordesía. O proxecto conta co financiamento da Área de Cultura da Deputación de Lugo e a colaboración da Vicerreitoría de Cultura, Lingua e Patrimonio da USC.
O encontro constará dun conxunto de actividades artísticas onde se poden integrar todas as persoas e colectivos que así o desexen. Serán palestras, obradoiros e conversas que terán como obxectivo promover o coñecemento e o intercambio entre as persoas e colectivos participantes, todas elas do mundo da Lusofonía, como troca afectiva e comunitaria, das diversas experiencias e do canto en comunidade. Trátase tamén de explorar o canto colectivo como práctica artística, política e relacional.
Nesta ligazón
podes ver o programa completo.
Como fin de festa celebrarase un Concerto de Vânia Couto e Xoán Fuertes, acompañados por Ugia Pedreira, Liliana Abreu, Miguel Díaz Valdés, Dulce Cuz, Matilde Simões e polas voces das mulleres do Coro da Fabrica, Erikas e Peluxias e Batuko Tabanka.
Para asistir ao encontro e ao concerto é preciso inscribirse, de balde,
neste formulario
.
Fuente:
https://www.usc.gal//gl/servizos/area/cultura/eventos/galeguia-encontro-artistico-canto-mulleres