Saltar al contenido principal

Cultural

Cine, teatro, exposiciones, conciertos

Cultural

Festas de San Xurxo 2026 en Camariñas

N/D

22 Abr 2026

Cuándo

Miércoles, 22 de Abril de 2026

Dónde

Terra de Soneira

N/D, A Coruña

Sobre el evento

As

Festas de San Xurxo 2026 en Camariñas

volverán encher de música, tradición e ambiente festivo a parroquia de Buría entre os días

22 e 25 de abril

. É unha desas celebracións que conservan a esencia das festas populares de sempre, nas que a veciñanza se reúne para compartir emoción, devoción e moitas ganas de pasalo ben. Durante catro xornadas, Buría converterase nun punto de encontro cheo de vida no corazón da

Costa da Morte

.

A programación comezará o mércores 22 coas vésperas, marcadas polo lanzamento de bombas de palenque e o repique das campás da igrexa parroquial. O xoves 23 celebrarase o

día grande de San Xurxo

, con misa solemne, procesión, sesión vermú coa orquestra

Trébol

e verbena nocturna con

Trébol

e

Capitol

. O venres 24 será a quenda da homenaxe a

San Roque e San Antonio

, cunha xornada que mesturará actos relixiosos, sesión vermú con

M3 Show

e unha verbena potente con

M3 Show

,

Função Públika

, a disco móbil

Impacto

e DJ

Cotelo

.

O sábado 25, dedicado a todas as persoas emigrantes, a festa seguirá desde o vermú ata a noite cun ambiente pensado para gozar sen présa, con música e moita animación. Nesa última xornada actuarán a disco móbil

Impacto

,

Panorama City

e os DJs

Nyan Boe

e

Drew Korme

. As

Festas de San Xurxo 2026 en Camariñas

, organizadas pola

Asociación San Xurxo de Buría 2026

coa colaboración do

Concello de Camariñas

e da veciñanza, son unha excelente ocasión para vivir unha festa auténtica, popular e moi nosa.

Fuente:

https://visitacostadamorte.com/gl/axenda/festas-de-san-xurxo-2026-en-camarinas

También te puede interesar