
Exposición 'Mulleres e comercio na Galicia, séculos XIX e XX'
Una exposición que muestra la historia de las mujeres en el comercio en Galicia durante los siglos XIX y XX
N/D
18 Mar 2026
Cuándo
Miércoles, 18 de Marzo de 2026
Dónde
Sobre el evento
O mércores 18 ten lugar a inauguración da exposición 'Mulleres e comercio na Galicia, séculos XIX e XX', que presidirá o reitor Antonio López ás 12.00 horas no Claustro Alto do Colexio de Fonseca.
A Cátedra Juana de Vega inaugura ‘Mulleres e comercio na Galicia, séculos XIX e XX’, unha exposición que reivindica o legado das mulleres como motor económico e social. A mostra inaugurarase o mércores 18 ás 12.00 horas no Claustro Alto do Colexio de Fonseca.
O proxecto rescata a memoria das mulleres que, durante xeracións, sostiveron o abastecemento e o pulso económico das vilas e cidades galegas. rurais galegas. Ofrece unha ampla visión do papel feminino no comercio tradicional a través de paneis, fotografías históricas, documentos de arquivo, materiais sonoros e referencias literarias.
O percorrido integra o traballo das vendedoras que aseguraban cada día o abastecemento urbano desde os mercados de abastos e prazas públicas; o dinamismo das vendedoras ambulantes e dos postos fixos que configuraron a paisaxe comercial das rúas; a vitalidade das feiras como grandes espazos de intercambio económico, socialización e tradición; e o avance das mulleres como titulares de negocios urbanos —desde mercerías e quincallerías ata sombrererías, bazares ou establecementos de distribución máis complexos— nun contexto no que o seu labor quedou con frecuencia invisibilizado. Este diálogo entre pasado e presente complétase cunha mirada contemporánea ao comercio feminino, destacando a continuidade de negocios hoxe emblemáticos rexentados por mulleres que manteñen vivo un modelo baseado na proximidade, no coidado polo produto e nun tecido social que reforza a identidade das cidades e vilas galegas.
Tal como sinala Luisa Muñoz Abeledo, comisaria da mostra e directora da Cátedra Juana de Vega, “esta exposición é un exercicio de xustiza histórica e unha oportunidade para recoñecer o traballo das mulleres que sustentaron, de forma silenciosa pero decisiva, a vida comercial e comunitaria do país”. Un recoñecemento que conecta directamente co legado de Juana de Vega, muller ilustrada que dedicou a súa vida ao progreso social, á formación e á creación de oportunidades, especialmente para aqueles colectivos —como as mulleres do rural— con menos voz na historia oficial.
A mostra inscríbese na liña estratéxica da Cátedra Juana de Vega para fortalecer o coñecemento da realidade social galega, promover a igualdade de oportunidades no medio rural e urbano, e fomentar unha economía sostible baseada no territorio, principios profundamente vinculados coa figura de Juana de Vega.
Fuente:
https://www.usc.gal//gl/servizos/area/cultura/eventos/exposicion-mulleres-comercio-galicia-seculos-xix-xx