Saltar al contenido principal

Cultural

Cine, teatro, exposiciones, conciertos

Cultural

Exposición Átona de Ruth Lodeiro

Lugo

6 Ago 2026

Cuándo

Jueves, 6 de Agosto de 2026

19:00

Dónde

Museo Provincial de Lugo

Lugo, Lugo

Sobre el evento

ℹ️Atención día 6 de agosto ás 19 horas ÁTONA DE Ruth Lodeiro‼️ ‘Resistencia, catarse e denuncia social’ Con motivo do 20º aniversario da creación da Rede Museística Provincial de Lugo, Átona, habitará cada un dos Museos da Rede durante a súa temporalidade para continuar “tecendo xuntas” desde a inclusión e a democratización cultural. Na lingüística o áfono é aquilo que carece de vibración mentres que o átono é perda de forza, con todo, a ausencia de son e de forza non implica un baleiro, o silencio ten corpo, peso e textura. Ruth Lodeiro en ÁTONA integra e mantén unha premisa constante, materializar o silencio a través dunha coreografía de pezas escultóricas que non berran, se non que se encartan e despregan, ténsanse e desténsanse, quebrándose nun mutismo compartido que habita o espazo. A materia substitúe á voz, aparece como un son petrificado, un eco endurecido que custodia o segredo da súa propia fraxilidade natural. A materia rodeada e acompañada de fíos e arames que actúan como cordas vocais, que xa non vibran, como suturas que cosen feridas en silencio ou atan e constrinxen discursos cotiáns que non interesan abordar. O discurso silencioso dilúese entre a opacidade das teas, a transparencia do tul e a humilde precariedade do cartón, elementos que operan como mordazas poéticas que filtran a realidade, convidándonos a percibir a nitidez do relato que nos quere mostrar. O mesmo que numerosas artistas contemporáneas, Ruth utiliza a arte como catarse para denunciar: Louise Bourgeois, Pilar Albarracín, Franziska Greber, Marina Abramović, entre outras. Aínda que pertencen a distintas xeracións e orixes xeográficas, comparten con Ruth Lodeiro a capacidade de transformar o privado nunha declaración política e estética universal. Utilizan a arte como unha ferramenta de resistencia, catarse e denuncia social. A casa icona como construción de identidade comunitaria, que penetra e rexe o privado, e a torre como constructo comunitario que colapsa, articulan as dúas tensións que unifican a distancia nas formas entre o concreto e o abstracto. Babel mostra que o silencio xorde do colapso colectivo da comunicación e a cacofonía contemporánea. Co arame, a cerámica e o cartón, todo iso fragmentado, a artista constrúe as ruínas dunha comunicación imposible de manter, xurdindo unha incomunicación polo exceso de palabras e a saturación dos discursos. Cando o ruído do mundo é enxordecedor, a linguaxe colapsa sobre si mesma e vólvenos mudos por saturación. Transformando o ruído enxordecedor nun silencio elocuente que busca un discurso diáfano, un rexurdir cotián que ignora o desasosego do berro silencioso. Sara Pérez Bello Comisaria

También te puede interesar