Saltar al contenido principal

Cultural

Cine, teatro, exposiciones, conciertos

Cultural

Equigal 2026

Lugo

8 May 2026

Cuándo

Viernes, 8 de Mayo de 2026

18:00

Dónde

Pazo de Feiras e Congresos de Lugo

Lugo, Lugo

Sobre el evento

O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo volve converterse no epicentro ecuestre con Equigal 2026! A XIX edición do Salón Internacional do Cabalo de Galicia chega atacada de novidades, deporte, beleza e espectáculo dende o 8 ata o 17 de maio. Para que non perdas nin un só detalle desta gran cita, preparamos esta guía práctica con todas as datas e actividades. E o mellor de todo? A entrada é totalmente de balde!

Para que poidas organizar a túa visita comodamente e atopes o teu plan perfecto no Pazo, velaquí tes o esquema cos días e as exhibicións principais:

Este ano a inauguración será espectacular! O venres 8 de maio abrimos as portas da feira cunha exhibición dinámica da Guardia Real, un evento novidoso e único que non te podes perder para comezar a fin de semana.

O sábado 9 de maio celebrarase o Concurso Morfolóxico Oficial de Cabalo de Pura Raza Galega (PRG). De xeito paralelo, durante o sábado 9 e o domingo 10 de maio, terá lugar o noveno Internacional Arabic Horse Show, un concurso morfolóxico de Cabalo de Pura Raza Árabe (PRA). Este último certame ten un atractivo especial, xa que este ano reparte máis de 4.000 € en premios.

Tes un exemplar que queres presentar aos nosos certames? A inscrición de cabalos e eguas para participar no Concurso Morfolóxico Oficial de Cabalo PRG e no IX Equigal Internacional Arabic Horse Show xa está aberta. O prazo remata axiña, así que lembra formalizar a túa solicitude

antes do 1 de maio

.

Podes inscribir o teu animal de xeito rápido e sinxelo cubrindo os teus datos na seguinte ligazón:

Formulario de inscrición Equigal 2026

.

Para pechar a edición, a segunda fin de semana (do venres 15 ao domingo 17 de maio), acollerá o gran Concurso Hípico Nacional de Salto de Obstáculos. Serán tres días intensos para vivir a hípica de alto nivel ben de preto e desfrutar das competicións dende as nosas bancadas.

Entre o luns 11 e o xoves 14 de maio, as nosas instalacións encheranse de nenos e nenas para gozar dos xa tradicionais bautismos ecuestres. Cómpre lembrar que esta actividade cotiá está pechada e dirixida en exclusiva para os centros escolares, co obxectivo de achegar o mundo do cabalo aos máis pícaros de xeito seguro.

Agardámoste para gozar da paixón polo mundo do cabalo.

Vémonos no Pazo!

Fuente:

https://pfclugo.com/event/equigal-2026/

También te puede interesar