Saltar al contenido principal

Cultural

Cine, teatro, exposiciones, conciertos

Cultural

Encontro informativo Feito co Mar en Carballo: viveiros formativos para emprender no▸

Bergantiños

19 Nov 2026

Cuándo

Jueves, 19 de Noviembre de 2026

12:30

Dónde

Carballo

Bergantiños, A Coruña

Sobre el evento

O mar tamén é unha oportunidade para aprender, compartir ideas e emprender. O

GALP Costa da Morte

organiza en Carballo un novo encontro informativo de

Feito co Mar

, unha iniciativa que impulsa a transformación e a valorización do produto pesqueiro.

Coñece os Viveiros Formativos Feito co Mar para 2027

A cita servirá para presentar os

dous programas formativos previstos para 2027

, dirixidos a persoas interesadas en explorar oportunidades de emprendemento arredor da transformación do produto pesqueiro. Un encontro para coñecer a proposta de primeira man e descubrir como pode encaixar nun proxecto propio.

Que poderás descubrir neste encontro?

A programación e as datas previstas dos Viveiros Formativos.

Como funcionan os Espazos de Traballo Colaborativo como modelos de emprendemento, con exemplos prácticos.

Un espazo para resolver dúbidas, compartir ideas e reservar praza nos viveiros.

Data, hora e lugar do encontro en Carballo

Data:

xoves, 19 de novembro de 2026.

Hora:

12:30 h.

Lugar:

Fórum Carballo, Praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n, 15100 Carballo (A Coruña).

Máis información e contacto

Se tes unha idea relacionada co mar ou queres coñecer novas vías para transformar e valorizar o produto pesqueiro, achégate ao encontro.

Consulta a información en

Feito co Mar

, escribe a

info@feitocomar.gal

ou chama ao

627 570 950

.

Fuente:

https://visitacostadamorte.com/gl/axenda/encontro-informativo-feito-co-mar-carballo-2026

También te puede interesar