Saltar al contenido principal

Cultural

Cine, teatro, exposiciones, conciertos

Cultural

Encontro de Lúa Chea: Producindo calidade para xerar mercado

Lugo

28 Oct 2026

Cuándo

Miércoles, 28 de Octubre de 2026

19:00

Dónde

Campus Terra USC

Lugo, Lugo

Sobre el evento

Os 'Encontros de Lúa Chea', un programa de debate sobre cuestións de actualidade organizado polo colectivo universitario Proxéctate en Galego e incluído dentro da programación do

Outono Cultural

, ofrece o mércores 28 de outubro, ás 19.00 horas, na cafetaría da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo, o faladoiro 'Producindo calidade para xerar mercado'.

Esta iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural que desenvolven a Universidade de Santiago de Compostela, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

Sobre o encontro

Cando se mira un pouco máis alá do mito do rural galego atrasado, conservador e pouco innovador, aparecen persoas e proxectos empresariais que demostran que desde a innovación, o coñecemento e o compromiso co territorio pódense xerar oportunidades reais para o medio rural galego. Adoitan ser proxectos que apostan pola calidade e a diferenciación como estratexias para xerar valor engadido para a produción agrogandeira galega, construír mercados e crear oportunidades económicas.

Neste segundo Encontro do curso traemos a experiencia de dúas pequenas empresas concibidas a partir deste enfoque: Queixería Bisqato e Tofu Landeira. A partir experiencias persoais e profesionais dos seus responsables, queremos conversar sobre os desafíos que supón a creación de proxectos agroalimentarios de valor engadido.

Bisqato

, a queixaría de María Veiga, elabora queixos afastados dos estándares tradicionais do país, de tal modo que a súa oferta complementa e amplía a xa existente. Pola súa banda, con

Tofu Landeira

, José Antonio Landeira pon en marcha unha proposta innovadora e sen tradición en Galicia, baseada tamén na transformación da produción agraria, pero dirixida a responder ás demandas emerxentes dunha alimentación máis sostible e diversa.

Alén das particularidades de cada proxecto, ambos permiten reflexionar sobre cuestións fundamentais para quen se interese polo desenvolvemento rural: como transformar recursos locais en actividade económica, como crear empresas viables fóra dos grandes centros urbanos e como a innovación e a cooperación abren oportunidades para o rural galego. E ademais, ao seren tanto María como José Antonio egresados da universidade, conversaremos tamén sobre o papel das persoas mozas e tituladas universitarias na creación de novos proxectos vinculados ao territorio.

Será unha ocasión para coñecer de primeira man experiencias reais, partillar inquietudes e dialogar sobre formas alternativas de construír futuro desde o contorno rural, entendéndoo non como un espazo hostil cheo de atrancos, senón como un lugar rebordante de futuro.

Fuente:

https://www.usc.gal//gl/servizos/area/cultura/eventos/encontro-lua-chea-producindo-calidade-xerar-mercado

También te puede interesar