Saltar al contenido principal
DIC NOBIS SPIRITUS · REESTREA DE 'A VERBA'
Cultural

DIC NOBIS SPIRITUS · REESTREA DE 'A VERBA'

Concierto de música clásica con Marta López Fernández

Santiago

3 Abr 2026

Cuándo

Viernes, 3 de Abril de 2026

20:00

Dónde

Igrexa da Universidade De Santiago De Compostela

Santiago, A Coruña

Sobre el evento

XI CICLO DE LUGARES E ÓRGANOS · MÚSICAS E OUTRAS PAISAXES DE COMPOSTELA

Marta López Fernández, órgano

Verena Grundner, frautas de bico

Patricia Nägele, frautas de bico

Petra Szovák, frautas de bico

Andrés Díaz Pazos, frautas de bico e arranxos

Javier María López Rodríguez, composición e dirección

DIC NOBIS SPIRITUS

REESTREA DE

A VERBA

(UNHA OBRA PARTICIPATIVA DE JAVIER MARÍA LÓPEZ RODRÍGUEZ)

A secuencia do Domingo de Pascua Victimae paschali laudes —da que forma parte o célebre diálogo “Dic nobis, Maria, quid vidisti in via?” (“Dinos, María, que viches no camiño?”)—, xunto coa palabra spiritus na súa acepción etimolóxica de “sopro”, permiten trazar un fío narrativo entre a variedade de obras e instrumentos de vento que soarán ao longo do concerto. Nel conflúen tradicións profundamente enraizadas na polifonía medieval e renacentista coa obra A verba, composta por Javier María López, na que a audiencia terá un activo papel. Obras canónicas de orixinalidade e intensidade marabillosas alternan con recursos puramente tímbricos e exercicios de improvisación, elemento este último, esencial na tradición organística.

A verba

, estreada no festival De Lugares e Órganos en 2018, está inspirada na obra teatral Ordet, do dinamarqués Kaj Munk, levada ao cine por Carl Theodor Dreyer en 1955. A peza, agora cunha nova instrumentación e contidos musicais, explora a tímbrica do órgano e dos instrumentos de vento, ao tempo que evoca a escritura polifónica dos autores renacentistas. Unha paraxe pascual na que

A verba

fai confluír a secuencia, o drama e a creación musical, construíndo un relato sonoro que preludia a esperanza do renacer. Con anterioridade ao concerto, teremos a oportunidade de participar nun panel de conversa co autor da obra para coñecer máis sobre o significado da peza e a súa relación coa película na que se inspira. Ademais, formará parte da charla Xan Gómez Viñas, experto en cinema, así como o teólogo e director musical da catedral de Santiago, Óscar Valado Domínguez, que nos achegarán algunhas das claves para entender tanto os aspectos cinematográficos e teolóxicos que están na base do filme de Dreyer, como da composición de Javier María López.

Ás 19.00 h, preparación para a escoita: conversa co autor, con Óscar Valado Domínguez e Xan Gómez Viñas

Fuente:

https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/dic-nobis-spiritus-%C2%B7-reestrea-de-verba

También te puede interesar