Saltar al contenido principal

Cultural

Cine, teatro, exposiciones, conciertos

Cultural

CURTOCIRCUÍTO 2026 · ARVIN DOLA E IRENE GAUMÉ· O GHOST LIVE AV

Santiago

3 Jul 2026

Cuándo

Viernes, 3 de Julio de 2026

00:15

Dónde

Santiago de Compostela

Santiago, A Coruña

Sobre el evento

ARVIN DOLA E IRENE GAUMÉ·

O GHOST LIVE AV

O Ghost

é o título do primeiro longo de Arvin Dola, un traballo que se sitúa nun territorio liminal entre o

ambient

, o

drone

e o

scoring

cinematográfico, articulando un continuum sonoro onde a composición funciona como dispositivo de espacialización afectiva. Na súa tradución ao directo neste formato A/V creado xunto á artista visual Irene Gaumé,

O Ghost

desenvólvese como un ensamblaxe híbrido de sistemas: sintetizadores, voz e violonchelo entrelázanse cun entorno visual xerado ex profeso, construído a partir da fricción entre materiais analóxicos, técnicas de

focus stacking

e procesos de intelixencia artificial, dando lugar a unha imaxe en constante estado de inestabilidade e reconfiguración.

Neste tránsito continuo entre o analóxico e o dixital, a peza activa unha investigación sobre a fragmentación da identidade e a multiplicidade das súas proxeccións, propoñendo un desprazamento dos límites entre interioridade e superficie.

O Ghost

configúrase así como un entorno de activación emocional onde emerxen arquivos latentes e formas en deriva. Un corpo espectral, aberto e mutable como a propia paisaxe que vén dar forma ao conflito entre as nosas distintas versións e a súa imposibilidade de fixación.

Fuente:

https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/curtocircu%C3%ADto-2026-%C2%B7-arvin-dola-e-irene-gaum%C3%A9%C2%B7-o-ghost-live-av

También te puede interesar