Saltar al contenido principal
Crisálida
Cultural

Crisálida

Un espectáculo que valora la importancia del comercio tradicional en un mundo globalizado.

Vigo

12 Abr 2026

Cuándo

Domingo, 12 de Abril de 2026

18:00

Dónde

Auditorio Municipal De Vigo

Vigo, Pontevedra

Sobre el evento

CRISÁLIDA é o espectáculo número 25 de Caramuxo teatro, co que cumprimos 20 anos de traxectoria. Unha historia que leva varios anos na nosa cabeza e coa que queremos facer a nosa pequena homenaxe a esas persoas que fan que as cidades teñan vida e sexan ricas en historias.

CRISÁLIDA é un espectáculo que quere poñer en valor a importancia do comercio tradicional nun mundo globalizado e cada vez máis dixitalizado. A importancia da existencia deses espazos que crean comunidade. Historias como as da mercería Crisálida móstrannos que este tipo de negocios, máis baseados nas relacións humanas que no beneficio económico, deben ser protexidos. Son parte do noso patrimonio e por iso, no 20 aniversario queremos celebralo con eles.

CRISÁLIDA é o espectáculo máis ambicioso da compañía. Unha montaxe de máscaras, sen texto, con catro actores (Laura Sarasola, Josito Porto, Juan Rodríguez e Anahí Taraburelli) e máis de 12 personaxes. Dirixido pola prestixiosa directora Olga Margallo (Gañadora de multitude de premios Fetén, premios Max, Premio Nacional con Uroc teatro...).

Fuente:

https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=153283

También te puede interesar