Saltar al contenido principal

Cultural

Cine, teatro, exposiciones, conciertos

Cultural

Contos debuxados, debuxos contados

Quiroga

1 Ago 2026

Cuándo

Sábado, 1 de Agosto de 2026

20:00

Dónde

Ribas de Sil

Quiroga, Lugo

Sobre el evento

Que pasa cando xuntas ilustración e palabra escrita?... que xorden os grandes álbums ilustrados.

Que pasa cando xuntas ilustración e palabra contada?... pois que xorde

Contos debuxados, debuxos contados.

O ilustrador Marc Taeger e o contador de contos Caxoto executan este man a man escénico nun perigoso experimento que non foi autorizado por ningunha autoridade competente. Dun lado a picaresca, o trazo conciso e a fantasía visual de Marc e doutro lado a retranca, a voz firme e o maxín bule bule de Caxoto. E por se iso fose pouco, nun triplo salto mortal a esta mistura engadímoslle a participación imprevisible do público... Que temos como resultado? Pois un espectáculo cheo de vitalidade, situacións esperpénticas, personaxes inesquecibles, creatividade desbordada, algunha que outra liorta escénica e moita, moitísima diversión.

Fuente:

https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=155203

También te puede interesar