
Cultural
Cine, teatro, exposiciones, conciertos
CONCERTO | Matsu
Lugo
22 Jul 2026
Cuándo
Miércoles, 22 de Julio de 2026
20:30
Dónde
Sobre el evento
Matsu é un proxecto de música electrónica que nace da experimentación e exploración da música ambiental, e a súa conxugación coa electrónica de baile. Este dúo con base de operacións en Granada, proponnos unha excursión musical que se cimenta na bondade, evocadores paisaxes sonoras e a experimentación coa electrónica de baile máis actual, intelixente, elegante e sutil. O orgánico e o melódico conflúen creando delicadas bandas sonoras. Melancolía e sugestión. Atmosferas e calidez. Música para bailar sen moverse do lugar.
Interesaranche se che gustan Hammock , Christian Löffler, Nils Frahm, Rival Consoles, Jon Hopkins, Boards Of Canada, Kiasmos, Bonobo, Pantha Du Prince ou Max Cooper.
Matsu demostran que se pode militar na resistencia musical desde a beleza e a honestidade; que hai vida máis aló dos algoritmos e que merece a pena facer o esforzo de manter os ollos abertos, e seguir en movemento cara a músicas mellores.
Vémonos o mércores 22 de xullo ás 20:30 h. na Capela de Santa María.
