Saltar al contenido principal

Cultural

Cine, teatro, exposiciones, conciertos

Cultural

Concerto de Laura LaMontagne

Lugo

19 Nov 2026

Cuándo

Jueves, 19 de Noviembre de 2026

20:30

Dónde

Praza de Santa María (Lugo)

Lugo, Lugo

Sobre el evento

Laura LaMontagne actuará no ciclo Lubicán, incluído dentro da programación do

Outono Cultural

, o xoves 19 de novembro ás 20.30 horas na praza de Santa María (en caso de condicións meteorolóxicas adversas, Auditorio da Facultade de Veterinaria. A entrada é libre e aberta.

Previamente, ás 12.30 h, haberá un encontro coa artista na Casa do Saber do campus de Lugo, que require previa inscrición en cultura.lugo [at] usc.gal (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]gal).

Esta iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural que desenvolven a Universidade de Santiago de Compostela, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

Laura LaMontagne

Laura LaMontagne é unha cantante lucense, compositora e escritora que entrelaza poesía e música nunha voz singular que tende unha ponte entre a tradición e a modernidade. Laura creceu entre escenarios de slam poetry e influencias folk atopando na palabra recitada un espazo persoal de expresión artística.

Cunha voz delicada á vez que poderosa, LaMontagne crea paisaxes sonoras onde a intimidade se volve colectiva, o ancestral se reinventa e a poesía se transforma en canción.

Fuente:

https://www.usc.gal//gl/servizos/area/cultura/eventos/concerto-laura-lamontagne-0

También te puede interesar