
Cultural
Cine, teatro, exposiciones, conciertos
Concerto de Abril
Santiago
7 Oct 2026
Cuándo
Miércoles, 7 de Octubre de 2026
20:30
Dónde
Sobre el evento
O novo ciclo
Sons de Peto
, incluído na programación do Outono Cultural, comeza coa actuación do dúo Abril o 7 de outubro ás 20.30 h na Igrexa da Universidade. O acceso é de balde e libre ata completar prazas.
Abril
Abril é un grupo de música folk formado por dúas mozas da contorna viguesa, con Marina Carpente ao violín e coros e Claudia Abril voz e percusións.
O seu son bebe da música de raíz, coa que crean novas melodías combinando voz e distintos instrumentos. As diferentes influencias musicais conflúen no seu repertorio, que inclúe melodías tradicionais galegas arraigadas e mesturadas con ambientes sonoros máis actualizados. Para iso empregan arranxos de violín con influencias americanas u europeas, así coma percusións ibéricas máis tradicionais. Tamén empregan a voz como fío conductor que acompaña, á sua vez, con harmonías modernas.
Sons de Peto
O ciclo Sons de Peto baséase en propostas acústicas e semiacústicas, cunha capacidade máis reducida do habitual e unha especial atención á relación entre as persoas creadoras e o público. sons de Peto convida artistas da escena galega a presentar os seus traballos desde perspectivas diferentes ás habituais e a experimentar con outros modos de interpretar e compartir as súas creacións. O resultado son propostas pensadas para favorecer unha escoita máis próxima e directa e para poñer en valor, ao mesmo tempo, a singularidade arquitectónica e acústica da Igrexa da Universidade.
Fuente:
https://www.usc.gal//gl/servizos/area/cultura/eventos/concerto-abril-0