Saltar al contenido principal

Cultural

Cine, teatro, exposiciones, conciertos

Cultural

Concerto de Aba Taano

A Mariña Central

12 Ago 2026

Cuándo

Miércoles, 12 de Agosto de 2026

20:00

Dónde

Burela

A Mariña Central, Lugo

Sobre el evento

NOITE DE GOSPEL

Concerto solidario da ONG "MÚSICA PARA SALVAR VIDAS" de Uganda

Casa da Cultura de Burela

Venres 12 de agosto de 2026 ás 20:00 horas

Entrada: 12,00 Euros

Menxs <12 anos: 6,00 Euros

O Auditorio Municipal de Burela acollerá o vindeiro venres 21 de agosto de 2026, ás 20:00 horas, o concerto solidario do grupo ugandés

Aba Taano

, unha das formacións de gospel africano con maior recoñecemento internacional. A actuación, organizada a beneficio da ONG

Música para Salvar Vidas

, combinará música, solidariedade e compromiso social nunha proposta cultural de gran nivel.

A través das súas voces, da súa enerxía e da música tradicional africana, Aba Taano ofrecerá un espectáculo cheo de ritmo, emoción e esperanza, no que o público poderá coñecer de primeira man un proxecto no que a música se converte nunha ferramenta de transformación social.

Os cinco integrantes da formación forman parte da ONG Música para Salvar Vidas, unha iniciativa que traballa para ofrecer educación, formación e oportunidades de futuro a nenos e mozos en situación de vulnerabilidade en Uganda. A recadación do concerto destinarase integramente a apoiar este proxecto solidario, que leva anos empregando a música como vehículo de inclusión e desenvolvemento.

A concelleira de Cultura, Lina Gómez, anima á veciñanza a asistir a esta cita e destaca que "será unha oportunidade única para desfrutar dun espectáculo musical de gran calidade e, ao mesmo tempo, colaborar cun proxecto que demostra como a cultura pode cambiar vidas. Agardamos que o público de Burela responda e encha o auditorio para vivir unha experiencia inesquecible".

As entradas teñen un prezo de 12 euros, sendo de 6 euros para menores de 12 anos. Poderán adquirirse de forma anticipada en Azor (rúa Arcadio Pardiñas, 86), nos mercados semanais dos martes en Foz e dos venres en Burela, en Calzados Edelmiro e tamén a través da plataforma Giglon.

Desde o Concello de Burela anímase á cidadanía a participar nesta proposta cultural e solidaria, que permitirá gozar da música de Aba Taano ao tempo que se contribúe a mellorar a vida de centos de nenos e mozos en Uganda.

Fuente:

https://burela.org/es/concerto-de-aba-taano-0

También te puede interesar